Derribando estereotipos corporais

 O alumnado de 1º ESO A-B-C realizou na materia de EPVA un proxecto colaborativo no que cada alumnx realizou alomenos unha peza de puzzle, sen coñecer as imaxes finais,  pertencentes a 3 famosos cadros da Hª da Arte nos que aparecen corpos humanos espidos.

Na realización do proxecto tratáronse contidos curriculares propios da materia, como as Escalas, as Técnicas gráficas en 2D, a Historia da Arte e os Cánones de beleza, ao mesmo tempo que se traballaron contidos transversais: o ideal de beleza, o concepto de imaxe persoal, a saúde ou a normalización do corpo espido, desterrando tabúes.

Trátase dun proxecto interdisciplinar coa materia de Lingua Galega, na que elaboraron cartelas cos nomes das partes do corpo humano, e xuntando os dous elementos, o proxecto convértese nun xogo interactivo no que os xogadores deben pegar a cartela no lugar axeitado sobre o cadro.










Comentarios