Partes do corpo en galego
En 1º de ESO A, B e C o departamento de Lingua Galega e Literatura, en colaboración co de EPVA realizou un proxecto colaborativo e interdisciplinar sobre o corpo humano.
Primeiramente o alumnado traballou as partes do corpo en lingua galega e logo plasmounas nunhas cartolinas independentes.
Nun segundo momento, na área de EPVA realizaron unhas pezas de crebacabezas que, ao xuntalas, obtíñanse mosaicos réplicas de obras de arte pertencentes a tres cadros famosos da Historia da Arte que conteñen o corpo humano espido: “La maja desnuda” de Francisco de Goya, “A creación de Adán” de Miguel Anxo e “As tres gracias” de Rubens.
O resultado final foi un xogo didáctico no que hai que xuntar o cartel da parte do corpo co lugar axeitado sobre o cadro.
Comentarios
Publicar un comentario