Pausas activas en xeografía e historia
Este curso o alumnado de 2º ESO. realizou pausas activas dentro da aula co fin de fomentar a actividade física como estilo de vida saudable e promover o principio de adherencia ao deporte e a creacion de hábitos.
Fixémolo mediante exercicios de mobilidade articular e activación muscular durante uns minutos para romper coa inactividade física que conleva unha sesión de 50 minutos sentados na aula.
É importante destacar a boa acollida do alumnado, xa que todos participaron de boa gana, rompendo o ritmo rutinario das clases nun ambiente distendido o que axudou a unha maior motivación e concentración.
Comentarios
Publicar un comentario