Postres caseiros e actividades no patio

 A alimentación

Na segunda avaliación, no curso de 2ºESO na materia de Francés coma 2ª lingua estranxeira, tratáronse os hábitos de vida saúdables en relación á alimentación. Como proxecto final o alumnado tivo que facer un vídeo na súa casa elaborando unha receta, analizando os ingredientes do prato creado e comparándo o resultado cos produtos ultraprocesados á venda na maioría das tendas.






Actividades ao aire libre

Nos clases de Francés de 2ºESO, 3ºESO, 1ºBACH e 2ºBACH aproveitáronse as oportunidades que nos brindou o clima para facer diversas actividades no patio, dende descripcións das paisaxes ata diferentes xogos.

Por exemplo, en 2ºESO destaco o xogo "Ildara dit" versión do Simon Says, no que o alumnado ten que facer o que a profe, ou outra persoa escollida,  ordea se dita orde comeza cun "Ildara dit". Aproveitamos esta actividade para aprender as diferentes partes do corpo, como utilizar o imperativo, o vocabulario para orientarse, entre outros aspectos relevantes da materia de 2ºESO.






Comentarios