Torneo de xadrez

 Durante os recreos do primeiro trimestre levouse a cabo un torneo de xadrez con tres categorías segundo o nivel do alumnado (iniciación, básico e experimentado).

Tivo moi boa acollida e axudou aos alumnos/as de primeiro da ESO e a outros de nova incorporación na súa socialización.

Nesta mesma liña, a actividade facilitou a convivencia e a comunicación dos nenos e nenas, pois os de menor nivel foron aprendendo coa axuda e consellos dos outros alumnos e alumnas.

Por último, destacar tamén o impulso do xogo limpo e da deportividade.







Comentarios