Entradas

Mostrando entradas de junio, 2024

Corre x Salceda

Imagen
 

Pausas activas en xeografía e historia

Imagen
  Este curso o alumnado de 2º ESO. realizou pausas activas dentro da aula co fin de fomentar a actividade física como estilo de vida saudable e promover o principio de adherencia ao deporte e a creacion de hábitos. Fixémolo mediante exercicios de mobilidade articular e activación muscular durante uns minutos para romper coa inactividade física que conleva unha sesión de 50 minutos sentados na aula. É importante destacar a boa acollida do alumnado, xa que todos participaron de boa gana, rompendo o ritmo rutinario das clases nun ambiente distendido o que axudou a unha maior motivación e concentración.

Pausas activas en física e química

Imagen
  Durante o curso o alumnado de 2º da ESO realizou descansos activos durantes algunhas das sesións do curos. Estas sesións estaban dirixidas por un dos alumnos e consistían na realización dunha tábata con música a elixir polo propio alumnado e na que realizaban unha batería de 4 exercicios que repetían dúas veces. As tábatas elixidas eran dunha duración de 20" de exercicio e 10" de descanso. Os exercicios que se realizaron durante o curso son: jumping jacks, sentadillas, flexións de brazo na mesa, saltos de rodilla a peito, etc.

Postres caseiros e actividades no patio

Imagen
  A alimentación Na segunda avaliación, no curso de 2ºESO na materia de Francés coma 2ª lingua estranxeira, tratáronse os hábitos de vida saúdables en relación á alimentación. Como proxecto final o alumnado tivo que facer un vídeo na súa casa elaborando unha receta, analizando os ingredientes do prato creado e comparándo o resultado cos produtos ultraprocesados á venda na maioría das tendas. Actividades ao aire libre Nos clases de Francés de 2ºESO, 3ºESO, 1ºBACH e 2ºBACH aproveitáronse as oportunidades que nos brindou o clima para facer diversas actividades no patio, dende descripcións das paisaxes ata diferentes xogos. Por exemplo, en 2ºESO destaco o xogo "Ildara dit" versión do Simon Says, no que o alumnado ten que facer o que a profe, ou outra persoa escollida,  ordea se dita orde comeza cun "Ildara dit". Aproveitamos esta actividade para aprender as diferentes partes do corpo, como utilizar o imperativo, o vocabulario para orientarse, entre outros aspectos relev

Torneo de xadrez

Imagen
  Durante os recreos do primeiro trimestre levouse a cabo un torneo de xadrez con tres categorías segundo o nivel do alumnado (iniciación, básico e experimentado). Tivo moi boa acollida e axudou aos alumnos/as de primeiro da ESO e a outros de nova incorporación na súa socialización. Nesta mesma liña, a actividade facilitou a convivencia e a comunicación dos nenos e nenas, pois os de menor nivel foron aprendendo coa axuda e consellos dos outros alumnos e alumnas. Por último, destacar tamén o impulso do xogo limpo e da deportividade.

Partes do corpo en galego

Imagen
  En   1º   de ESO   A, B  e  C   o departamento de   Lingua Galega e Literatura , en colaboración co de   EPVA  realizou un proxecto colaborativo e interdisciplinar sobre o   corpo humano . Primeiramente o alumnado traballou as partes do corpo en lingua galega e logo plasmounas nunhas cartolinas independentes. Nun segundo momento, na área de EPVA realizaron unhas pezas de crebacabezas que, ao xuntalas, obtíñanse mosaicos réplicas de obras de arte pertencentes a tres cadros famosos da Historia da Arte que conteñen o corpo humano espido: “La maja desnuda” de Francisco de Goya, “A creación de Adán” de Miguel Anxo e “As tres gracias” de Rubens. O  resultado final  foi un  xogo didáctico  no que hai que xuntar o cartel da parte do corpo co lugar axeitado sobre o cadro.

Derribando estereotipos corporais

Imagen
  O alumnado de 1º ESO A-B-C realizou na materia de EPVA un proxecto colaborativo no que cada alumnx realizou alomenos unha peza de puzzle, sen coñecer as imaxes finais,  pertencentes a 3 famosos cadros da Hª da Arte nos que aparecen corpos humanos espidos. Na realización do proxecto tratáronse contidos curriculares propios da materia, como as Escalas, as Técnicas gráficas en 2D, a Historia da Arte e os Cánones de beleza, ao mesmo tempo que se traballaron contidos transversais: o ideal de beleza, o concepto de imaxe persoal, a saúde ou a normalización do corpo espido, desterrando tabúes. Trátase dun proxecto interdisciplinar coa materia de Lingua Galega, na que elaboraron cartelas cos nomes das partes do corpo humano, e xuntando os dous elementos, o proxecto convértese nun xogo interactivo no que os xogadores deben pegar a cartela no lugar axeitado sobre o cadro.

Subida ao Penedo Redondo de Parderrubias

Imagen
 

Excursión a Andorra

Imagen
 

Azucre nos alimentos (relación coa actividade física e a diabetes)

Imagen
 

Torneo de voleibol

Imagen
 

Recreos activos

Imagen